xoves, 22 de decembro de 2022

Visita as instalacións de TMC Cancela e Industrias Torres

 O pasado 21 de decembro, os alumnos do Departamento de Mantemento, fixeron unha visita a localidade cercana de Anxeriz a ver as instalación de duas empresas emblemáticas da zona, TMC Cancela e Industrias Torres. 

TMC Cancela, é unha compañia adicada a fabricación de maquinaria agrícola, forestal e hidráulica, lider do seu sector en España e das punteiras a nivel mundial, pola sua parte, Industrias Torres adícase a  fabricación de ventanas de Pvc e cerramentos, e está fortemente automatizada.

  Foi unha visita moi interesante para o conxunto dos alumnos.










luns, 21 de novembro de 2022

Charla de "Texas Controls"

 O pasado dia 18 de novembro, a empresa Texas Controls, tivo a xentileza de impartirlles aos alumnos do Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico, unha moi interesante charla acerca das actividades desenroladas por dita empresa, técnicas de aprete e sellado especializada en torsión, tensionado e aprete controlado.

A charla tivo o valor engadido de ser impartida polos nosos antigos alumnos de este ciclo, Rubén e Yerai, aos que lles damas as nosas felicitacións polas explicacións tan interesantes aportadas.






martes, 14 de xuño de 2022

ENFAMEC XX (Lalín)

 Os pasados 10 e 11 de xuño, celebrouse de novo, tras dous anos de impás pola pandemia, un novo congreso dos Ensinantes de Fabricación Mecánica (ENFAMEC). Esta edición celebrouse no Ies Laxeiro de Lalín e a ela asistiron cerca de 90 profesores de toda Galicia.

 

 A ela asistiron os profesores do noso departamento.

 


Resultou un congreso moi ameno, no que se combinaron charlas, relatorios técnicos e visitas a empresas do noso sector, radicadas na comarca do Deza.

 Asimismo, celebrouse unha cea e un xantar de confraternización.






luns, 13 de xuño de 2022

Visita a Potenza (Italia) con Mobilidade Erasmus

 Dende o departamento de Mantemento do noso centro, realizouse nos primeiros dias de xuño, unha mobilidade Erasmus a Potenza (Italia), con motivo de facer un seguimento dos alumnos do noso ciclo que están facendo unhas prácticas Erasmus nesa localidade da Basilicata italiana.

(Nesta imaxen vemos a Alejandro e David, co seu profesor Paco Carneiro.)


Inicialmente, realizouse unha visita a empresa colaboradora co noso centro, para a realización de estas mobilidades. Ireforr (Istituto Regionale per la Formazione e la Ricerca). 

Dende aquí damos as gracias a Enzo de Andrea, o noso "cicerone", que tanto nos axudou en estos dias.

Unha das primeiras actividades que se fixeron ao longo de estos dias, foi unha visita a un instituto de formación profesional, con unhas características similares as do noso centro, o "Istituto di Istruzione Superiore "Einstein de Lorenzo". Damos dende aqui, as mais sinceras gracias a todo o profesorado que nos atendeu de maneira desinteresada e con toda predisposición, atentos en todo momento as nosas inquedanzas. Mil gracias. Enseñaronnos os seus talleres e labaratorios donde imparten enseñanzas similares as do noso departamento e diferentes prácticas que fan cos seus alumnos. Tamén nos explicaron someramente como se desenrrola a formación profesional en Basilicata, coas suas semellanzas e diferencias con Galicia.

 

 

 

En outra das, realizouse unha visita á empresa donde están a realizar as prácticas os nosos alumnos. Fánse nun polígono industrial cercano a localidade, nunha empresa chamada Patrone e Mongiello, e que traballa no campo da Automoción. 








 

Finalmente, mostramos algunha imaxen de Potenza, unha localidade situada no sur de Italia, na rexión da Basilicata, preto de Nápoles.

 









venres, 27 de maio de 2022

Proxima visita a alumnos Erasmus en Potenza (Italia)

 Nos vindeiros dias, dous profesores do noso instituto irán a Potenza a visitar aos alumnos do noso ciclo que están a facer unha mobilidade Erasmus, no seu entorno laboral do seu "Tirocinio" (prácticas). 

Están a facer as prácticas na empresa  "Patrone e mongiello", na zona industrial de Potenza.

Asimismo, irán facer unha visita ao instituto de FP  Iss Einstein - De Lorenzo, similar ao noso, para ver as semellanzas e diferencias do sistema educativo, ao noso nivel, entre o Galego e o de Basilicata.

De seguido, amosamos as  pequenas presentacións que lles mostraremos alí.

 




 


 


 

 

Esperemos que lles gusten!

Arrivederci, ragacci!!!

xoves, 26 de maio de 2022

MOBILIDADES ERASMUS

 Por fin, tras moito tempo, de novo mandamos alumnos a Europa con Erasmus Plus.

Concretamente fóronse Ramón a Malta e Diego e Alejandro a Potenza (Italia)

Parabens chavales e aproveitade a experiencia.