luns, 29 de maio de 2023

Visita Erasmus a Parma (Italia)

 A principios de més, profesores de este instituto, de Mantemento e electricidade-electrónica, dentro do proxecto Erasmus (job shadowing), visitaron a localidade italiana de Parma, para facer unha visita ao instituto de formación profesional "Itis Leonardo da Vinci", un centro de características similares ao noso, para comparar instalacións, equipamento e diferentes modos de impartir as materias entre esa zona de Italia e Galicia.


Os profesores na Piazza do Duomo de Milano.

Os profesoes na entrada do instituto                            

 Co profesor de mantemento, no taller de mecanizado convenciónal (Máquinas ferramentas)

Centro de mecanizado. A esquerda, a figura do "pañolero", persona que prepara o material, utillaje e equipamento necesario para que o profesor imparta única e exclusivamente a docencia.

Charlando co Vicedirector do centro, que amablemente nos ensinou as os distintos talleres e dependencias do centro.

Visita ao museo Ferrari, de Módena.

   Doumo de Parma

xoves, 23 de marzo de 2023

Charla sobre maquinaria portatil METABO

 No dia de onte, estiveron a darnos unha moi interesante charla acerca da maquinaria portatil que actualmente está no mercado, os amigos de METABO  e GSI Suministros, á que asistiron tanto os alumnos do primeiro curso do Ciclo de Mantemento Electromecánico, como os das accións formativas (AFD), de Montaxe e mantemento de Sistemas de automatización industrial e Montaxe e posta en  marcha de Bens de equipo e maquinaria industrial.

Dende aquí, dámoslle sinceramente as gracias pola interesantísima charla da que disfrutamos no día de onte.












mércores, 22 de febreiro de 2023

Curso AFD "Montaxe e posta en marcha de bens de equipos e maquinaria industrial"

 No vindeiro mes de marzo, poráse en marcha no noso departamento o Curso "Montaxe e posta en marcha de bens de equipos e maquinaria industrial", dirixido principalmente a persoas desempregadas.

Terá unha duración de 690 horas de duración, nas que están incluidas 80 horas de prácticas profesionais en empresas e consta dos seguintes módulos formativos:

-Técnicas de montaxe, reparación e posta en marcha de sistemas Eléctricos, electrónicos, neumáticos e
hidráulicos. 340 horas

-Técnicas de fabricación mecánica. 150 horas

-Técnicas de montaxe, reparación e posta en marcha de sistemas mecánicos. 120 horas

-Prevención de riscos laborais. 60 horas

-Prácticas profesionais. 80 horas

     A maiores, inclúiense os seguites unidades formativas:
-Formac. igualdade e inserción laboral. 18 horas




mércores, 15 de febreiro de 2023

Feira EXPOFERR 2023

 O pasado 8 de febreiro, o alumnado dos ciclos asistiron en Silleda, a feira Expoferr, unha feira profesional de suministros e ferretería industrial, protección laboral e maquinaria.





 




martes, 17 de xaneiro de 2023

Sonia Maroño Filgueiras apadriña o noso taller 16, na iniciativa de #AulasEnFeminino.

O pasado mércores 11 de xaneiro tivemos o pracer de que Sonia Maroño Filgueiras inaugurara o taller 16, do noso ciclo de Mantemento electromecánico (MEM) 

Previamente Sonia Maroño impartiu unha charla no Salón de actos na que participou alumnado de MEM e de 4º ESO B. Nela contounos a súa traxectoria como oficial e como xefa de máquinas en diversos buques e tamén un pouco sobre o seu traballo actual en As Pontes. Comunicounos o seu gusto polo traballo no mar, malia os inconvenientes que ás veces implica. 

Agradecemos moito que compartira as súas vivencias no mar, desde a sala de máquinas ;)