venres, 22 de outubro de 2010

Hotel Universal, Porto

Aquí tedes unha imaxe do Hotel Universal de Porto. O hotel pode que non sexa gran cousa, pero a situación é inmellorable.


Ver mapa más grande

xoves, 21 de outubro de 2010

Visita a EXPONOR (Oporto)

O vindeiro 11 de novembro, os alumnos de 2º curso asistirán a feira " SIMIEX- Salón Internacional de Mantemento Industrial", que se celebrará nas instalacións do recinto ferial Exponor en Oporto. Tras a visita do ano pasado a "Bienal de Bilbao, instauramos estas visitas anuais para os alumnos de 2º curso. Dado que estas convocatorias son bienais, asistiran alternamente un ano a Bilbao e outro a Oporto.( Si todo se desenrola sin percances, claro está.)
O xoves 11 adicarán a maioria do dia para visitar a feira. Pernoctarán o xoves 11 no hotel Universal . O venres pola mañán adicarán o tempo a visitar algúns lugares interesantes de Porto que de tempo, como por exemplo a libraria Lelo & Irmão, o Café Majestic, a Torre dos Clérigos, o Palacio da Bolsa, a Ponte de Luiz I, a Estación de San Bento ou o Funicular dos Guindais. Ademais, posiblemente se visite algunha bodega de viño de Oporto (algo indispensable) e xa de volta, algo se verá de camiño.