xoves, 15 de setembro de 2016

domingo, 17 de xullo de 2016

Novo alineador de eixos

Como  vos anunciamos xa dispoñemos dun alineador de eixes con sensores de proximidad inductivos. É o modelo SKF TKSA 11. Este dispositivo será empregado para a alineación de eixos polos alumn@s de segundo no módulo de Montaxe e Mantemento. Para usalo primeiro terán que descargar a aplicación para o móvil dispoñible para android e apple, esta aplicación ten un modo de demostración para usar sin conexión. Os dispositivos comunicanse por bluetooth.
Adxuntovos enlace a un video de demostración e tamén enlace a aplicación de Google Play.









  Shaft Alignment Tool TKSA 11: captura de pantalla        Shaft Alignment Tool TKSA 11: captura de pantalla     Shaft Alignment Tool TKSA 11: captura de pantalla      Shaft Alignment Tool TKSA 11: captura de pantalla

Aplicación para móbil TKSA 11










xoves, 23 de xuño de 2016

Logotipo do Instituto

Ahí tendes o Logotipo do Instituto que se realizou este curso, con pezas procedentes de exercicios feitos polos alumnos de 1º curso. Mellor que acabar na chatarra ...
Foi a título experimental e para o vindeiro curso intentaráse facer outro, un pouco mellorado, para poñer nalgunha zona noble do instituto.



 




































xoves, 2 de xuño de 2016

Visita a INDITEX

    Hoxe, os alumnos do 1º curso do Ciclo Medio, foron as instalacións de INDITEX, ubicadas en Arteixo, a realizar unha visita guiada, que resultou enormemente interesante.
       Lamentamos non poder mostrar mais imáxenes da mesma, pero xa se sabe, as condicións de confidencialidade e protección intelectual son enormemente extremas.




xoves, 28 de abril de 2016

Liga Interna de Futbol Sala

Resultado agridoce  na liga interna de futbol sala, tras un periplo exitoso ao longo da mesma, onte celebrouse a final de consolación  (3º e 4º posto), no que o noso equipo quedou finalmente 4º.
Noraboa rapaces!!!


luns, 25 de abril de 2016

REPARACIÓN DE SERRA DE CINTA

Outra incidencia que xurdio ao longo do curso, foi que se queimou o motor da taladrina da serra alternativa.
O citado motor dispón dun pequeno filtro, que se tupio con restos de teflón procedente de cando a veces se serran redondos de ese material. Por esa circunstacia, deixou de botar taladrina, os alumnos interpretaron que era debido a que non tiña suficiente cantidade dela e añadiron mais. O non dispoñer de ningun rebosadoiro a serra, subio tanto o nivel que chegou a sumerxir en parte o citado motor, e queimouse.
Unha vez finalizadas as labores de mantemento, detectouse que o bobinado se queimara, co que se optou por instalar un novo motor.Queda pendiente facer un novo bobinado de este motor, xa que é compatible con algunhas outras máquinas existentes no taller, que empregan taladrina.
Nas fotos vense as labores da citada reparación.

Motor afogado en taladrina.
Interior do motor con taladrina.
Bobinado totalmente enchoupado.

Paletas da bomba atoradas con virutas plásticas.




















 ¡¡ MOITO OLLO OS QUE CORTEDES MATERIAIS PLÁSTICOS!!  As virutas flotan e cando o nivel de líquido baixa a bomba aspira as virutas. O gran problema é que a a bomba nova ven cerrada e NON É DESMONTABLE polo que se se atora queda inservible. A solución máis asequible é limpar a máquina inmediatamente logo do seu uso antes de que as virutas cheguen ao tanque. Se chegaran ao tanque habería que pescalas cun coador, cousa que é bastante máis laboriosa.
Paletas da bomba limpas de virutas.








Bobinado queimado




Intentouse reparar a parte visible pero segue dando discontinuidade, polo que se supón que internamente ten máis fallo coma este. Na imaxe vese ampliado pero é complicado de ver a simple vista, pois o diámetro do bobinado e de aproximadamente 0,2 mm.

Bomba nova instalada.


venres, 22 de abril de 2016

REPARACIÓN DE SERRA ALTERNATIVA

Coas choivas dos últimos dias, tivemos goteiras no taller e mais concretamente enrriba da serra alternativa. Agarrotouse o motor da mesma e houbo que facerlle traballos de reparación. Aquí está o reportaxe gráfico dos mesmos.





EQUIPAMENTO RECIBIDO

Ola de novo.
Nesta nova entrada, informámosvos de que acabamos de recibir un Torno Universal e unha Rectificadora de superficies planas.
O torno é un Pinacho SC 200, de fabricación "india", que non é que sexa demasiado operativo didacticamente, polas suas características e dimensións, pero menos da unha pedra.
Pola sua banda, a rectificadora é unha Saim 520-R, de fabricación "china".