luns, 13 de xuño de 2022

Visita a Potenza (Italia) con Mobilidade Erasmus

 Dende o departamento de Mantemento do noso centro, realizouse nos primeiros dias de xuño, unha mobilidade Erasmus a Potenza (Italia), con motivo de facer un seguimento dos alumnos do noso ciclo que están facendo unhas prácticas Erasmus nesa localidade da Basilicata italiana.

(Nesta imaxen vemos a Alejandro e David, co seu profesor Paco Carneiro.)


Inicialmente, realizouse unha visita a empresa colaboradora co noso centro, para a realización de estas mobilidades. Ireforr (Istituto Regionale per la Formazione e la Ricerca). 

Dende aquí damos as gracias a Enzo de Andrea, o noso "cicerone", que tanto nos axudou en estos dias.

Unha das primeiras actividades que se fixeron ao longo de estos dias, foi unha visita a un instituto de formación profesional, con unhas características similares as do noso centro, o "Istituto di Istruzione Superiore "Einstein de Lorenzo". Damos dende aqui, as mais sinceras gracias a todo o profesorado que nos atendeu de maneira desinteresada e con toda predisposición, atentos en todo momento as nosas inquedanzas. Mil gracias. Enseñaronnos os seus talleres e labaratorios donde imparten enseñanzas similares as do noso departamento e diferentes prácticas que fan cos seus alumnos. Tamén nos explicaron someramente como se desenrrola a formación profesional en Basilicata, coas suas semellanzas e diferencias con Galicia.

 

 

 

En outra das, realizouse unha visita á empresa donde están a realizar as prácticas os nosos alumnos. Fánse nun polígono industrial cercano a localidade, nunha empresa chamada Patrone e Mongiello, e que traballa no campo da Automoción. 








 

Finalmente, mostramos algunha imaxen de Potenza, unha localidade situada no sur de Italia, na rexión da Basilicata, preto de Nápoles.

 









venres, 27 de maio de 2022

Proxima visita a alumnos Erasmus en Potenza (Italia)

 Nos vindeiros dias, dous profesores do noso instituto irán a Potenza a visitar aos alumnos do noso ciclo que están a facer unha mobilidade Erasmus, no seu entorno laboral do seu "Tirocinio" (prácticas). 

Están a facer as prácticas na empresa  "Patrone e mongiello", na zona industrial de Potenza.

Asimismo, irán facer unha visita ao instituto de FP  Iss Einstein - De Lorenzo, similar ao noso, para ver as semellanzas e diferencias do sistema educativo, ao noso nivel, entre o Galego e o de Basilicata.

De seguido, amosamos as  pequenas presentacións que lles mostraremos alí.

 




 


 


 

 

Esperemos que lles gusten!

Arrivederci, ragacci!!!

xoves, 26 de maio de 2022

MOBILIDADES ERASMUS

 Por fin, tras moito tempo, de novo mandamos alumnos a Europa con Erasmus Plus.

Concretamente fóronse Ramón a Malta e Diego e Alejandro a Potenza (Italia)

Parabens chavales e aproveitade a experiencia.




venres, 25 de xuño de 2021

Novo Ciclo DUAL "Mantemento Electromecánico".

Nova oferta no centro de FP Dual para o curso 2021/22: 

Ciclo medio de Mantemento electromecánico, en modalidade ordinaria e dual, onde altérnase a formación na empresa e no instituto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Empresas colaboradoras:

Talleres Hercules (A Coruña)

Agrícola Coruñesa (Santa Comba)

Makitrucks (A Coruña) 

Alquileres Rene y Mar (Carballo)

Alquileres Galicia (Arteixo)

Jesús Riveiro S.L. (Arteixo)

Automatismos Naveira (Oleiros)

Pescanova España S.L. (Arteixo)

 

mércores, 14 de abril de 2021

Fabricación de estructura para apilar archivadores.

 Velaquí tendes o proceso de traballo feito para a construcción de unha estructura que se fixo no departamento, para apilar novos archivadores na secretaria do centro.

 

 


 

 

 

 








mércores, 3 de marzo de 2021

Fabricación de estructuras para mesas.

 Velaí tedes o proceso de fabricación das estructuras para unhas mesas, que se fixeron no departamento, para equipar un taller do noso centro.


 

 

 

 

 










luns, 13 de maio de 2019

Visita técnica da empresa ENINTER

O pasado 11 de abril tuvemos a agradable visita de unha delegación da empresa de instalación e mantemento de ascensores, Eninter.
Déronnos unha charla moi agradable e didáctica  do mundillo dos ascensores e da sua esperiencia en concreto. Ademais fixeron posible que fóramos ver con eles varias instalacións que fixo a sua empresa, en viviendas nos arredores do noso instituto. Vimos tres edificios con ascensores de distintas tecnoloxias montados por eles
Desde aqúi dámoslle as gracias polo tempo que nos adicaron.