mércores, 17 de novembro de 2010

Feira "SIMIEX" - Porto


No seguinte enlace podedes ver as fotos da viaxe a " SIMIEX- Salón Internacional de Mantemento Industrial" celebrada en Porto.

domingo, 7 de novembro de 2010

Solicitude de Pase individual para o EMAF de Porto.


Hola. Este é o enlace para que efectuedes a solicitude para entrar na feira individualmente. Temos un pase colectivo, pero ten o inconvinte de que con él, cada un de nos, unha vez saiamos xa non podemos volver a entrar, mentras que si temos un individual, saimos e entramos cando queiramos. Por favor, cubride os datos. Enviaránvos un archivo JPG a conta de correo electrónico que poñades e imprimídeo. Eso será a vosa entrada. (En código de actividad poñede 8532)

venres, 22 de outubro de 2010

Hotel Universal, Porto

Aquí tedes unha imaxe do Hotel Universal de Porto. O hotel pode que non sexa gran cousa, pero a situación é inmellorable.


Ver mapa más grande

xoves, 21 de outubro de 2010

Visita a EXPONOR (Oporto)

O vindeiro 11 de novembro, os alumnos de 2º curso asistirán a feira " SIMIEX- Salón Internacional de Mantemento Industrial", que se celebrará nas instalacións do recinto ferial Exponor en Oporto. Tras a visita do ano pasado a "Bienal de Bilbao, instauramos estas visitas anuais para os alumnos de 2º curso. Dado que estas convocatorias son bienais, asistiran alternamente un ano a Bilbao e outro a Oporto.( Si todo se desenrola sin percances, claro está.)
O xoves 11 adicarán a maioria do dia para visitar a feira. Pernoctarán o xoves 11 no hotel Universal . O venres pola mañán adicarán o tempo a visitar algúns lugares interesantes de Porto que de tempo, como por exemplo a libraria Lelo & Irmão, o Café Majestic, a Torre dos Clérigos, o Palacio da Bolsa, a Ponte de Luiz I, a Estación de San Bento ou o Funicular dos Guindais. Ademais, posiblemente se visite algunha bodega de viño de Oporto (algo indispensable) e xa de volta, algo se verá de camiño.


xoves, 9 de setembro de 2010

CURSO DE RODAMENTOS E ALIÑACIÓN DE MAQUINAS

Estase a desenrolar nas instalacións do noso departamento, un curso para profesores de mantemento de toda Galicia, de "Mantemento de rodamentos e aliñación de máquinas", impartido por profesionales da multinacional do medio "SKF".











martes, 8 de xuño de 2010

Fotos da excursión a Bilbao.


Neste enlace tendes a galeria de fotos da excursión que fixo o grupo IME 2 a "Bienal de la Maquina - Herramienta" en Barakaldo. Visitaron tamén a cidade de Bilbao, o museo Gugemheim e a localidade costeira de Geterea.

luns, 24 de maio de 2010

Ciclo do aceiro

Neste enlace tendes unha animación para coñecer mais acerca do ciclo do aceiro.

Simulador de fresadora


Aquí tendes este "enlace" a unha páxina onde poder practicar e simular un traballo nunha fresadora, sin meter a pata. Próbao.