luns, 11 de febreiro de 2008

Enfamec en Someso







Acaba de chegar por tódolos centros donde temos a especialidade de Fabricación mecánica, a convocatoria para este ano das Xornadas do Enfamec que se están a facer tódolos anos en distintas localidades de Galicia. Este ano faráno os compañeiros do IES SOMESO de A Coruña. Esperemos que sexa outro éxito de participación, como foi nas edicións anteriores. Dende aquí facemos un chamamento para que tódolos profesores da familia de FABRICACIÓN MECÁNICA de Galicia asistan a elas.