domingo, 9 de maio de 2010
XV Dia da Ciencia na Rua
Onte celebrouse unha nova edición do Dia da Ciencia na Rua, na que participaron os alumnos deste ciclo. Aportaron un circuito neumático dirixido por un autómata programable, que tras alimentarse con latas de refresco, aloxábaas en distintos recipientes atendendo a como se comportan as mesmas con respecto a un campo magnético.
Foi todo un éxito. Podedes ver as fotos do evento si pinchades no enlace que vos leva a galeria de imáxenes que están na páxina web do IES Urbano Lugrís.