Ola de novo.
Tras moito tempo sin publicar, aparecemos de novo para informar das labores feitas polos alumnos de 2º curso.
Fai un mes que o departamento de Fabricación Mecánica do CIFP FERROLTERRA cedeu ao noso departamento dous tornos Ergoyén T6 que tiñan en desuso debido a que estaban estropeados e non posuian as debidas medidas de seguridade.
Os mesmos empregámolos para que os citados alumnos fixeran con eles labores de reparación, mantemento, adecuación de medidas de seguridade e instalación.
Gracias a esas labores, quedaron totalmente operativos e pasan a formar parte do parque de maquinaria do departamento, en detrimento de outros dous que ata agora estábamos empregando e que debido a que as suas carazterísticas son inferiores aos citados. Estos tornos vellos empregaránse a partires deste momento para efectuar diferentes labores de mantemento polos alumnos.
Desde aquí damos a noraboa a esta promoción de alumnos tan eficiente.
Torno durante o proceso de reparación
Torno antes de empezar coas labores
Torno rematado e operativo
Torno rematado e operativo
sábado, 29 de marzo de 2014
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario