xoves, 9 de setembro de 2010

CURSO DE RODAMENTOS E ALIÑACIÓN DE MAQUINAS

Estase a desenrolar nas instalacións do noso departamento, un curso para profesores de mantemento de toda Galicia, de "Mantemento de rodamentos e aliñación de máquinas", impartido por profesionales da multinacional do medio "SKF".











martes, 8 de xuño de 2010

Fotos da excursión a Bilbao.


Neste enlace tendes a galeria de fotos da excursión que fixo o grupo IME 2 a "Bienal de la Maquina - Herramienta" en Barakaldo. Visitaron tamén a cidade de Bilbao, o museo Gugemheim e a localidade costeira de Geterea.

luns, 24 de maio de 2010

Ciclo do aceiro

Neste enlace tendes unha animación para coñecer mais acerca do ciclo do aceiro.

Simulador de fresadora


Aquí tendes este "enlace" a unha páxina onde poder practicar e simular un traballo nunha fresadora, sin meter a pata. Próbao.

mércores, 12 de maio de 2010

SELECTOR DE LATAS

Aqui tendes un video demostrativo do proxecto que presentou o Departemento de Mantemento na XV edición do "Dia da Ciencia na Rua", o pasado dia 8 no parque de Sta. Margarida.
Disfrutadeo.

domingo, 9 de maio de 2010

XV Dia da Ciencia na Rua





Onte celebrouse unha nova edición do Dia da Ciencia na Rua, na que participaron os alumnos deste ciclo. Aportaron un circuito neumático dirixido por un autómata programable, que tras alimentarse con latas de refresco, aloxábaas en distintos recipientes atendendo a como se comportan as mesmas con respecto a un campo magnético.
Foi todo un éxito. Podedes ver as fotos do evento si pinchades no enlace que vos leva a galeria de imáxenes que están na páxina web do IES Urbano Lugrís.

martes, 4 de maio de 2010

Programa para a Visita a Bienal de Bilbao

2 Xuño (mercores).


-Saida as 20,45 horas do Instituto de FP Someso. (Cercano a Pizzeria Ponte da Pedra, donde se fixo a cea previa a FCT.) Ver imaxen adxunta.




3 Xuño(xoves).

- Chegada ao Hotel e distribucion das habitacións. Almorzo donde proceda. Visita a feira as 12,00 horas


4 Xuño (venres).

-Almorzo no hotel . Visita ao Guggenheim as 11,00 horas. Excursión pola costa visitando Guetaria e comida en dito pobo.


5 Xuño (Sabado).

-Almorzo no hotel.Saida para Coruña (pola costa). Visita Xixón-Asturias e comida.

Fin da viaxe

mércores, 14 de abril de 2010

Visita a "Bienal de la Maquina Herramienta" en Bilbao

Estanse a facer as xestión necesarias para ver si é posible facer unha visita cos alumnos de 2º curso á "Bienal de la Maquina Herramienta" que se celebrará no recinto feiral de Baracaldo (Bilbao)no vindeiro mes de xuño.